O BNG de Xove define como unha “acción maliciosa” que os
concelleiros do PP xustifiquen os seus soldos exuberantes con mentiras
O voceiro municipal
do grupo nacionalista en Xove, Marco López, presentou no debate plenario
celebrado hoxe ás 10:30 horas o ROGO que segue:
Que
desde o goberno municipal do Concello de Xove se deixe de faltar á verdade en
relación ás continuas manifestacións por parte da alcaldía xustificando o seu
salario no feito de que “os do Bloque votaron a favor” cando se aprobou. Para este
fin, e debido a que non sabemos se isto responde a un episodio de amnesia
temporal ou a unha acción maliciosa, transcribimos literalmente a intervención
deste grupo municipal no pleno celebrado o 17/06/2011 e que consta na acta que
se levantou ao efecto:

Remata
a súa intervención o Sr. López Hermida, sinalando que a súa intervención
refírese única e exclusivamente ó número de adicacións exclusivas que se
propoñen, xa que a contía das
retribucións que se pretenden cobrar polos concelleiros liberados, é unha
cuestión de ética política, e mesmo persoal do Partido Popular e de cada un dos
concelleiros afectados.
Polo
Sr. López Hermida sinalase que as xustificacións do Sr. Alcalde son admisibles
e razoables, pero no fondo fan dubidar das promesas de austeridade que día tras
día están a proclamar os dirixentes do Partido Popular.»