O Grupo Municipal Nacionalista
na Corporación Municipal de Xove, ao abeiro da lexislación vixente, presenta o ROGO
que segue:
Desde o Concello de
Xove edítase todos os anos un calendario que se reparte a todos os fogares do
municipio. Nos “créditos” do almanaque deste ano consta que a edición da publicación
corre a cargo do Concello de Xove (Departamento de Cultura), e aparecen os
nomes das persoas promotoras do anuario, diferenciando a responsabilidade
política (o alcalde-presidente Demetrio Salgueiro e a concelleira de Cultura Mª
Dolores Meitín) da dirección/maquetación da obra (Lucía Sánchez Meitín). Debido
a que supoñemos que estas identificacións consentidas figuran ao efecto de
recibiren tanto os posibles parabéns como as posibles críticas de xeito
persoal, ROGAMOS que en vindeiras edicións do calendario oficial do Concello de
Xove se estabelezan con rigorosidade as datas de marcado carácter festivo ou de
celebración, xa que, tal e como se reflicte no almanaque, nin o 4 de marzo
(mércores) é Martes de Carnaval nin o 5 de marzo (xoves) é Mércores de Cinza.
Así e todo, queremos felicitar ao equipo de goberno porque o día 2 de abril
(xoves) en efecto é Xoves Santo e o día 3 de abril (venres) tamén é Venres
Santo.
Por estas razóns,
reiteramos o noso ROGO para que polo Goberno municipal se corrixan as eivas
detectadas desde hai anos en relación á
onomástica do calendario, facendo prevalecer os antropónimos
marcadamente galegos. Así como que desde as concellarías municipais se promovan
de xeito oficial os nomes orixinais en galego, para o que achegamos unha
ESCOLMA BREVE cunha selección de 130 antropónimos con algunas das súas
equivalencias ou variantes noutras linguas, todo isto co obxecto de amosar a
total colaboración do Grupo Municipal Nacionalista.